XII CICLO DE MÚSICA VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO
Abril, fado atlántico (fado e outras músicas atlánticas)
Abril, Fado Atlántico é un proxecto musical de fado nado en Ferrolterra no ano 2007 con carácter aberto, onde teñen cabida músicas como o tango, o choriño brasileiro ou músicas puramente clásicas, sempre coa instrumentación típica de fado portugués.
Daniel Adzemian, guitarrista arxentino, é o líder do proxecto no que resaltan tanto os seus arranxos como a súas composicións.
Varios foron os artistas que colaboraron co grupo, resaltando o labor de José Calabuig (guitarra clásica) ou da cantante Noelia Santos, voz principal do primeiro traballo discográfico de ABRIL fado atlántico, chamado PAZO DA MERCED. Tamén compartiron escenario con ABRIL Emanuel Soares, fadista portugués que actúa asiduamente nas casa de fado de Lisboa, a fadista de Viseu, Mara Pedro, coa que o grupo grava o seu segundo
CD con arranxos e composicións de Daniel Adzemian e textos de poetas portugueses como Isidoro Cavaco ou Mario Rainho, como tamén da poeta ferrolá Aurora Varela.
O grupo rematou a produción do seu terceiro traballo discográfico, feito integramente en galego, destacando a participación da fadista compostelá Sara de Sousa, que actuou en diversas escenarios de Porto e outras localidades do norte de Portugal. Iria Quintía guitarrista de formación superior clásica (viola de fado) completa a formación de ABRIL Fado Atlántico.
Integrantes: Sara de Sousa (voz), Iria Quintía (guitarra clásica) e Daniel Adzemian (guitarra portuguesa)
Público: todos os públicos