Ficha técnica e artística:
Elenco: Andrea Jiménez, Juan Paños e un actor diferente cada noite.
Creación e texto: Andrea Jiménez
Dirección: Andrea Jiménez e Úrsula Martínez
Dramaturxia: Andrea Jiménez e Olga Iglesias
Deseño de escenografía e iluminación: Judit Colomer
Espazo sonoro: Lucas Ariel
Deseño de vestiario: Yaiza Pinillos
Movemento: Inés Narváez e Amaya Galeote
Axudante de dirección: Óscar Martínez-Gil
Dirección de produción e produción executiva: Nuria-Cruz Moreno
Adxunto dirección de produción: Fabián Ojeda Villafuerte
Xefa de produción e rexedoría: Blanca Serrano
Xerente en xira e rexedoría: Paco Flor
Dirección técnica: Manuel Fuster
Administración: Henar Hernández
Xefa de prensa: María Díaz
Fotografía: Sergio Parra
Deseño gráfico: Eva Ramón
Distribución: Fran Ávila Distribución
Transporte: FJS Transportes
Unha produción de Andrea Jiménez, Barco Pirata e Teatro de la Abadía.
Descrición:
“Mi padre es Lear, pero nunca ha entrado en un teatro. Yo soy Cordelia. Y soy directora de teatro. Como ella, voy a buscar a Lear, voy a atreverme a mirarlo y voy a intentar perdonar. Y lo voy a hacer desde un escenario. Cada noche, un actor distinto, será? Lear, será? mi padre, será? un posible padre, uno que sí? quiera sentarse en un teatro a conversar.
Voy a ser Lear yo también, y como él con sus hijas, voy a hacer un casting, un casting de padres”.
Esta versión-simulacro do Rei Lear aspira a ser unha porta aberta para pensar cómo nos relacionamos cos nosos pais, os biolóxicos, pero tamén os metafóricos, incluído o mesmo William Shakespeare. É unha autoficción a partir dun clásico ou un clásico autoficcionado, e oxalá ningunha das dúas cousas. É unha peza sobre a orixe, sobre cómo o que veu antes nos persigue aínda que queiramos ignoralo. Sobre cómo nos constrúen quen nos preceden. Sobre cómo inventar unha vida que te pertenza sen esquecer o pasado. Sobre cómo imaxinar outros finais posibles.
Andrea Jiménez, creadora de Casting Lear.
Sobre o proxecto: Nesta ocasión, Andrea investiga os cruces entre ficción e realidade, teatro e performance nesta irreverente adaptación de Rei Lear de William Shakespeare, na que dirixe en directo a un actor distinto cada noite no rol de Lear.
Andrea abre así un espazo de encontro con toda unha xeración de actores e homes parareflexionar sobre a paternidade, o amor e o perdón, nun exercicio teatral tan valente como lúdico.