Ficha técnica e artística:
Elenco: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo
Dirección: Nuria Sanz e Chiqui Pereira
Dramaturxia: Paula Carballeira a partir de textos de Xiana Arias, María da Pontragha e Vero Rilo
Escenografía e iluminación: Montse Piñeiro
Espazo sonoro: Xiana Arias
Vestiario: Lola Armesto
Selección de cantigas: María da Pontragha
Imaxe gráfica: Nadina - Gráfica
Fotografía: Charo Lópes
Descrición:
Protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas.
Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.
Mulleres que viven soas é unha coprodución de Berrobambán e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.