Saltar al contenido
Rua do Chelito s/n - Oleiros (CORUÑA, A) (Ver mapa)
22/03/2025 20:30
TEATRO. REDE AGADIC 1º SEMESTRE 2025
Tarabela Creativa: Boa sorte, mala fama
Autoría: Carmen Conde
Dirección: Carmen Conde
Elenco: Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena (elenco) e Nastasia Zürcher (música ao vivo)
Xénero: teatro
Duración: 120 min
Público: adulto (maiores de 12 anos)
Sempre se soubo, claro está, que as andoriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama.
Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as andoriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala.