DÍA INTERNACIONAL DA DANZA / DÍA MUNDIAL DO CIRCO
Ficha técnica e artística:
Interpretación e creación: Pablo Reboleiro e Marta Alonso
Dirección e dramaturxia: Marcos PTT
Dirección de movemento e coreografía: Cía Sharon Fridman: Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard Bazin
Espazo sonoro: Mounqup, Pablo Reboleiro
Realización de escenografía: José Perozo & Sandra Camalea
Iluminación e Dirección Técnica: Ángel Sousa
Produce: Cía martaalonsotejada con Pablo Reboleiro
Axuda á creación: Xunta de Galicia · Xacobeo 21-22
Coproduce: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Colabora: Concello de Outes, Concello de Rianxo
Descrición:
A quen non lle gustan os domingos de sofá e manta? e de sofá e peli?
A Marta e a Pablo, que se coñeceron bailando, con todo, vanlles máis as tardes de sofá e danza. De sofá e de teatro. De sofá e circo. De sofá e música. Son, poderíase dicir, unha parella normal... pero non. Porque... a quen se lle pode ocorrer que os problemas de desconexión pódense solucionar facendo un espectáculo de danza cun sofá?
Marta Alonso e Pablo Reboleiro, desde logo, van tentalo. Porque as tardes en parella son para pasalas facendo o que a un máis lle gusta; e se é bailar, pois haberá que bailar. E se é dar pinchacarneiros, pois haberá que saltar e dar pinchacarneiros. E se é cantar, pois haberá que facelo forte e alto para que o escoite todo o público. E emocionarse, emocionarse moito; que con iso soña a arte cando se bota a durmir nas tardes de sofá e sesta.
SOFÁ é unha sitcom de danza, con teatro, circo e música en directo que fala dunha parella que podería ser a túa.