75º Aniversario do falecemento de Alfonso R. Castelao
Ficha técnica e artística:
Elenco: Mónica Camaño, Cris Collazo
Dirección: Fina Calleja
Texto: Paula Carballeira
Proposta espazo escénico: Carlos Domínguez Del Río
Deseño de vestiario: La Canalla
Deseño de iluminación: Abrahán Sande
Deseño imaxe e material gráfico: Rocío Cibes, Víctor Rivas
Composición musical: Ramón Raíndo
Produción: Culturactiva S. Coop. Galega
Descrición:
Castelao é a primeira proposta escénica para a infancia sobre o rianxeiro, figura capital da historia das artes en Galicia. A obra presenta a un Castelao de 8 anos, divertido e aventureiro, baixo unha tensión dramática que cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina do pequeno e a súa nai. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar farase notoria para Xoaquina.
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: familiar
Duración: 60 minutos
Idioma: galego
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.