Saltar al contenido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa) (Buscar alojamiento)
22/11/2024 20:00
Entradas disponibles
desde 5,00 €
Ficha técnica e artística:
Dramaturxia: Esther F.Carrodeguas
Dirección: Xavier Castiñeira
Elenco: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Ana San Fernando.
Deseño de iluminación: Xavier Quintana
Deseño de escenografía: Xavier Castiñeira e Noelia Blanco
Realización de escenografía: José Faro "Coti"
Produción: De Ste Xeito Producións
Sinopse:
Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”... Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e posfeminisimo.
Este é o eixo da creación colectiva de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a proba a amizade -dende a comedia- e analizar de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra... moi violeta.
Xénero: comedia violeta
Idade recomendada: adultos (+12)
Idioma: galego
Duración: 75 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.