Saltar al contenido
Rua do Chelito s/n - Oleiros (CORUÑA, A) (Ver mapa)
26/04/2025 20:30
DANZA. REDE AGADIC 1º SEMESTRE 2025
D´elas: É difícil fotografar o baleiro
Conmemoración do 29 de abril, Día Internacional da Danza
Autoría: Colectivo D'Elas
Dirección: Julia Laport Rivas
Elenco: Martín Sanjurjo, Eloi García, Noelia Mato, Andrea Castro, Iria Casal e Myriam González
Xénero: danza contemporánea
Duración: 60 min
Público: adulto (a partir de 12 anos)
Este espectáculo é unha aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. É un cuestionamento poético da verdade, do centro, da transcendencia. A través das experiencias de seis corpos moi diversos atopámonos coa superficialidade da identidade, cunha busca dunha esencia que nunca se pode atrapar. As dinámicas xeradas entre estas seis intérpretes, mergullan o espectador nun tránsito entre corpos baleiros e corpos que aluden á intuición, á transcendencia, á ilusión, e que procuran máis aló da súa propia carne.
Nunha viaxe entre os cantos gregorianos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw, as seis bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos, con capacidades
extraordinarias, pero coas limitacións de ser mortais, mazables e imperfectos. Unha tentativa de habitar un corpo cru, doente, limitante pero un corpo capaz de amar, sacrificar ou soñar máis aló.
É difícil fotografar o baleiro é un mundo plástico que por momentos lévanos a ver a música a través dunha masa de corpos, e por momentos atopámonos mergulladas na intimidade do individuo, no seu baleiro.
A potencia de seis corpos entregados á escena na procura dunha identidade colectiva, dunha identidade propia, dunha esencia que parece imposible de alcanzar. Unha falta de identificación, unha colectividade a partir do único que queda, o corpo. Unha busca do baleiro como centro de todas as cousas.