Saltar al contenido
24/11/2024 18:00
Ficha artística:
Creación: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección de escena e escenografía: Gonçalo Guerreiro
Interpretación: María Torres
Manipulación de obxectos: Mario Rodríguez
Produción de arte e deseño gráfico: Carolina Díguele
Composición musical: Manuel Fonte
Iluminación: Nacho Martín
Vestiario e Atrezo: Carolina Díguele
Fotografía: Vanessa Rábade
Sinopse:
KYOKI é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 5 anos. O espectáculo aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.
KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais...Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saíu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?
KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras.
A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.
Xénero: teatro xestual
Idade recomendada: a partir de 5 anos
Idioma: galego
Duración: 45 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.