Frío
Autoría: Lorena Conde
Dirección: Lorena Conde
Elenco: Inés Salvado, Lolo Castro, Bea Romero, Gustavo Freire, Sergio Piñeiro, Guillermo Alzugaray
Xénero: teatro de máscaras, teatro xestual
Duración: 85 min
Público: adulto (a partir de 12 anos)
Sinopse: Quen sabe exactamente que é o que vai facer cada día durante o resto da súa vida non alberga grandes temores nin demasiadas esperanzas. Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito con tinta esluída en liñas nidias e rectas, confía nos trazos seguros e firmes da rutina que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas. Ata que un insignificante suceso doméstico introduce unha luz brillante no clarescuro: nace a necesidade e, como expresión máis elaborada desta, o desexo. Frío é un espectáculo de teatro físico, máscaras e música en directo baseado liberrimamente na extraordinaria obra de Nikolái Gógol, O abrigo.