Ficha técnica e artística:
Dirección: Chisco Casteleiro
Elenco / Manipuladores: Jona García (Rosalía, Sra.Toupa, Sra. Ovella, Xirafa Rafa, Mr. Elefante) / Chisco Casteleiro (Bruno)
Guión: Andrea Bayer
Descrición:
Espectáculo orixinal da serie de Clan tv ; “Tutú” de Ficción producciones.
Galitoon continúa así coa súa constante experimentación: nesta nova peza cambia de estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación "co teatro de xoguetes", sen esquecer o seu selo propio. Rosalía conta un conto sinxelo pero tremendamente sedutor para os nenos:
Esta é a historia dunha pulga moi pequena que se chama Rosalía.
Todos os días escribe unha carta, métea nun sobre e entrégalla ao carteiro motorizado, Bruno, o Canguro.
Cada carta ten un destinatario peculiar: unha toupa que non ve, unha ovella que non sabe ler, unha xirafa que perdeu os seus lentes e un elefante que só fala en inglés.
A mensaxe das cartas é igual para todos: “Na vindeira lúa chea, festa na casa de Rosalía.”
A lúa chea aproxímase e todos van recibindo a súa invitación.
Todos menos Bruno. ¿Por que?