Ficha técnica e artística:
Elenco: Rossanna Freda, Nacho Sanz, Raúl Melcon / Miguel Arévalo e Xián Martínez
Dirección artística e idea orixinal: Xián Martínez
Coreografía: Equipo en colaboración
Asistencia de dirección: Fernando Troya
Espazo Sonoro: Aire e Fernando Careaga
Dirección técnica e iluminación: Fermín Izko
Vestiario: Cachorro Lozano
Escenografía: Mariona Signes, Juncal e Xián Martínez
Fotografía: Blanca Rázquin e Elena Castellanos
Produción e dirección xeral: iXa (Mariona Jaume e Xián Martínez)
Descrición:
NIK·EU é a última produción da compañía viguesa iXa, unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes. A obra, dirixida por Xián Martínez, segue coa filosofía da compañía de desenvolver obras enfocadas nas artes do movemento pensadas especificamente para públicos non especialistas, buscando conectar co imaxinario colectivo e coa propia experiencia persoal do público asistente.
A compañía amosa unha preocupación por levar á escena temáticas que xeren conciencia crítica e que conecten co humano, apostando por cuestións sociais de perspectivas de xénero e máis especificamente de contido LGTBIQA+. A peza foi coproducida polo goberno de Navarra a través da fundación Baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía.