Jeff Toussaint - O Hipnotista

Volve a Melide Jeff Toussaint, o hipnotista dos famosos. Despois do seu exitoso paso polo coñecido programa El Hormiguero ou de hipnotizar a centos de famosos no programa Hipnotízame de Antena 3, chega a Melide para demostrar que o que podes ver na televisión é real. Un espectáculo único onde descubrir todo o potencial da mente humana. 120 minutos de asombro e diversión. Ti decides se o vives dende a butaca ou como voluntario enriba do escenario. Unha oportunidade única de desfrutar do mellor hipnotista da actualidade.