Saltar al contenido
16/02/2025 12:00
Todas as persoas, incluídos bebés, pagarán entrada.
A organización recomenda no espazo de representación (escenario) só unha persoa adulta por neno/a ou grupos de neno/s. O resto do público poderá sentarse de balde no patio de butacas, con visibilidade reducida, ata completar capacidade.
Ficha técnica e artística:
Intérpretes:
Vixiante da noite: Faló Garcia i Pellejà
Madame Lumière: Aina Sánchez / Anna Castells
Layla: Jana Noguera
Piano, saxo e voz: María Cruz
Violoncello: Edgar Casellas
Autoría e dirección artística: Faló Garcia i Pellejà
Dirección escénica: Anna Castells
Escenografía: Fanny Espinet e David Faüchs
Vestiario: Sílvia Jou
Dirección Musical: Maria Cruz
Iluminación: Jan Verdú
Produción: La Menuda Produccions
Distribución: Kandengue Arts
Descrición:
O crepúsculo cos últimos raios de luz do día entra no teatro. Entre a escuridade e as cores avermelladas, alaranxandas e azuis, irán aparecendo grilos e melodías clásicas que darán a benvida á noite. As estrelas chiscarannos o ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse, mentres os máis pequenos da casa, a ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo. É nese
momento cando chega “Madame Lumière”. Esta encargarase de dar vida aos soños ao longo de toda a noite: soños en mares profundos, soños de nenez, soños en carpas de circo… e mesmo nalgún pesadelo.
Madame Lumière é un espectáculo pluridisciplinar (música, danza, escena e luz) que nos abocará, a través dunha viaxe onírica, a emocionarnos a partir da poesía visual.
Este estará enmarcado cun delicioso ambiente sonoro e unha banda sonora que foxe da infantilización da música. Unha homenaxe á luz, a música e os soños.
Procedencia: Cataluña
Xénero: música e danza para a primeira infancia
Idade recomendada: primeira infancia (0 a 4 anos)
Duración: 45 minutos
Idioma: sen texto, temas en varios idiomas.
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.