Saltar al contenido
21/03/2025 20:00
Ficha técnica e artística:
Elenco: Camila Bossa e Luis Iglesia
Autora: Sabina Berman
Versión e dirección: Xoque Carbajal
Axudante de dirección: Jouse García
Escenografía e vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Xoque Carbajal
Montaxe de son: Pepe Castro e Chema Gómez
Fotografía: Xoque Carbajal
Vídeo: Pepe Castro
Descrición:
SINOPSE: O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..
SOBRE TESTOSTERONA: Como primeira aproximación poderiamos dicir que TESTOSTERONA é unha comedia, mais aínda sendo posiblemente certo ese etiquetado de pouco nos ía servir, pois non faría referencia máis que ao envoltorio e a razón da elección deste texto non está na forma, sen desdeñala, senón nos contidos que conforman a peza.
TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional. Como debe actuar ela para ser a elixida? Por que non é suficiente a súa capacitación, o seu talante, a súa formación e a súa intuición?
Todos esperan que actúe como o faría un home. Esperan que reproduza as regras de poder deseñadas polos homes.
TESTOSTERONA parece unha fábula contemporánea na que son posibles múltiples lecturas; pero na que unha sobresae: a idea de que a muller se conforma con alcanzar as cotas de poder que o sistema –creado por homes- estableceu. Iso apréciase nas reivindicacións que as mulleres fan (aínda hai poucas directoras, poucas executivas, poucas catedráticas) e así os mecanismos de corrupción instalados nas estruturas de poder perpetúanse.
TESTOSTERONA, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, pero faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos, vendo as peripecias destes personaxes.
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: adultos
Duración: 70 minutos
Idioma: galego
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.