CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, TEATRO DO NOROESTE-CENTRO DRAMÁTICO DE VIANA, TEATRO NACIONAL DONA MARIA II E TEATRO NACIONAL São João
Ficha técnica e artística:
Dirección de escena e dramaturxia: Fran Nuñez
Elenco: Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira, Xosé Lois Romero
Escenografía e vestiario: Pedro Azevedo
Deseño de luz: Nuno Meira
Apoio ao movemento: Guilherme Sousa
Apoio á creación: Neto Portela
Textos: A partir de textos de Manuela Rey e outros autores como Ernesto Marecos, Sousa Bastos, Almeida Garret, Eduardo Augusto Vidal, Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira,Paula Ballesteros, Xaquín Núñez Sabarís e Xosé Lois Romero
Música: Xosé Lois Romero
Arqueóloga investigadora do INCIPIT/ CSIC: Paula Ballesteros
Transferencia de documentación: Andrés García, Antonio Reigosa, Consello da Cultura Galega, Teatro Nacional Dona Maria II, Museo Nacional do Teatro.
Descrición:
Manuela Rey, “a muller lirio”, é máis que unha liña no libro de enterros do cemiterio dos Praceres, en Lisboa. É un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa de aldea, en 1842, e remata no Teatro Nacional Dona Maria II, en Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa. De Galicia a Portugal. 23 anos de vida. 23 anos de teatro. Como reconstruír unha vida onde só temos anacos soltos e contraditorios? Sabemos que despois de seis anos foi entregada a unha compañía teatral itinerante, que percorreu León, Palencia, Bragança, Valença, Ponte de Lima, Viana do Castelo, Régua, Porto para que o grupo familiar adoptivo chegase a Lisboa e triunfase no Teatro Nacional Dona Maria II e morrese como unha estrela aos 23 anos. Manuela Rey é a historia esquecida do teatro galego e portugués. Actriz. Escritora. Neste espectáculo tentamos recuperar o que quedou da súa memoria. Porque sen memoria non hai Historia.