Saltar al contenido
Calle del Inglés 13 - Oleiros (CORUÑA, A) (Ver mapa)
15/02/2025 20:30
XII CICLO DE MÚSICA VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO
Momboi (pop)
Momboi é unha banda de pop-rock galego que fusiona este estilo con outros das músicas de raíz latinoamericanas.
Momboi naceu en 2018 coa gravación do seu debut discográfico Ofrenda (Bungalow Studios), un primeiro EP de cinco cancións. En 2020, a banda foi finalista do XII Certame Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais organizado pola Deputación da Coruña.
Vacacións en Ornanda é o último traballo discográfico. Nel, a banda colle a tenrura por bandeira e transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. “As letras e a música deste disco buscan conectar co medio natural e co noso lado máis humano”. A esencia do disco plásmase nos directos de Momboi que, xunto coa súa estética lograda, enchen o escenario de luz e beleza, convertendo calquera dos
seus directos nun lugar para gozar da boa música.
Integrantes: Brais Sánchez (voz, guitarra, letrista), Daniel García 'Carba' (baixo e voces), André Garabato (teclado e sintetizadores) e Beny Mayo (batería)
Público: todos os públicos