Ficha técnica e artística:
Dirección e dramaturxia: Chiqui Pereira
Dirección de movemento: Pablo Sánchez
Elenco: Elsa Comesaña, Iván Davila, Brais Iriarte e a colaboración especial de Pablo Meixe
Música e espazo sonoro: Brais Iriarte
Produción: Iván Davila
Deseño de escenografía, iluminación e vestiario: Nononon.lab
Audiovisuais: Le BarLuthier e NegroLópez
Músicos de estudio: Malena García (bombardino), Chucho González (percusión) e Iago Ramilo (saxo)
Agradecementos: Don Corcheiro, Ramón Davila, Chucho González, Zoe Iriarte, Isabel Grande, Míriam Rodríguez e Morihei Ueshiba
Descrición:
ELO MAIS Influencer Race Spain é un concurso no que diferentes creadores de contido competirán para demostrar quen é o mellor! E xa se sabe, nesta época dominada por likes, sempre hai alguén disposto a por en dúbida o resultado dunha votación...
#Influencers é un espectáculo teatral que ofrece unha mirada cómica e reflexiva sobre a cultura que arrodea a creación de contido nas RRSS, tomándoa como un espello no que se reflicte a sociedade contemporánea.