Saltar al contenido
Rua do Chelito s/n - Oleiros (CORUÑA, A) (Ver mapa) (Buscar alojamiento)
12/10/2024 20:30
Entradas disponibles
desde 4,00 €
*Gastos de comisión no incluidos
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego: O auto do Castromil
Autoría: Manuel María
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval
Elenco: Patricia Vázquez, Rocío González, Victor Mosqueira e Marcos Orsi
Duración: 85 minutos
Público: adulto (maiores de 12 anos)
Sinopse: Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galiza.
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espírito entroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.