Saltar al contenido
Rua do Chelito s/n - Oleiros (CORUÑA, A) (Ver mapa) (Buscar alojamiento)
19/10/2024 20:30
Autoría: Roland Schimmelpfenning
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Elenco: Fernando González, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu e Fina Calleja
Xénero: teatro contemporáneo
Duración: 70 min
Público: adulto (maiores de 12 anos)
Sinopse: Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida tailandés - chinés - vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida. No balcón, sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos. No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita o seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.
Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.