Ficha técnica e artística:
Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas
Dirección: Fran Rei
Escenografía: Píscore, Fran Rei e Jorge Lamas
Música orixinal: Adrián Saavedra
Iluminación: Javier Ayude “Beca”
Vestiario: La Canalla
Descrición:
Seleccionada no Certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2024.
Molto Barroco é unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro e o humor. Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares. Pero, paralelamente, o espectáculo nútrese doutra sinxela trama, unha sorte de comedia de enredo entre o Rei, a súa prometida e, se cadra futura Raíña, e o Compositor. Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun Bufón de actitude irreverente.