Saltar al contenido
Rua do Chelito s/n - Oleiros (CORUÑA, A) (Ver mapa)
15/03/2025 20:30
TEATRO. REDE AGADIC 1º SEMESTRE 2025
Ibuprofeno Teatro: Reconversión
Conmemoración do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso
Elenco: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos
Xénero: teatro contemporáneo
Duración: 100 min
Público: adulto (maiores de 12 anos)
Sinopse: Exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
Reconversión é unha viaxe desde a posguerra ata o “Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.