Saltar al contenido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa) (Buscar alojamiento)
20/10/2024 18:00
Quedan 7 entradas
desde 5,00 €
Ficha técnica e artística
Elenco: Guillermo Carbajo e Victoria Pérez
Dirección: Alex Sampayo
Texto: Eva Mejuto
Escenografía: As dúas e punto
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Espazo sonoro: Davide González
Axte. Produción: Rubén Porto
Produción: Redrum Teatro
Distribución: Guillermo Carbajo
Sinopse:
“Os contos do Lobicán” é unha historia en verso, áxil e atrevida, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.
O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022. O espectáculo, que mestura intérpretes reais con monicreques, está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a transmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, o espectáculo convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.
Xénero: monicreques
Idade recomendada: familiar, de 3 a 8 anos
Idioma: galego
Duración: 45 minutos
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.