Ficha técnica e artística:
Actriz: Lorena Ávila
Dirección: Alfonso Zurro (ADE)
Autoría: Alfonso Zurro (A partir do texto de Shakespeare)
Produción: Juan Motilla
Deseño Espazo Escénico e Vestiario: Curt Allen Wilmer e Leticia Gañán (AAPEE)
Música e Espazo Sonoro: Elena Córdoba (Novia Pagana)
Deseño iluminación: Florencio Ortiz (AAI)
Deseño gráfico: Ángel Pantoja
Vídeoescena: Fernando Brea
Equipo Técnico: Tito Tenorio, Fernando Brea, Enrique Galera, Txitxo Oliveira
Axudante de Dirección: Verónica Rodríguez
Realización vestiario: Rosalía Lago
Realización escenografía:TCS
Maquillaxe e perruquería: Manolo Cortés
Coreografía: Isabel Vázquez
Fotografía: Luis Castilla
Fotografía programa man: Fernando Brea
Vídeo: Agustín Hurtado / La Buena Estrella
Colabora: Luis Alberto Domínguez
Distribución: Lola Solís
Comunicación e administración: Ángeles Roquero
Descrición:
A peza teatral que presentamos céntrase no poema A violación de Lucrecia de William Shakespeare, de 1594.
Ao redor del, Alfonso Zurro escribiu e desenvolveu unha dramaturxia moi especial. Primeiro para articulalo como monólogo feminino. E despois, abrilo en varias liñas dramáticas que amplíen o feito histórico e achegándoo até os nosos días.
Lucrecia colócanos ante a violencia e a crueldade que leva un acto tan terrible. Un texto límpido que desenvolve diferentes planos de acción. Ao centrarse nos acontecementos narrados pola mirada de Shakespeare, provoca un efecto de perplexidade, que non deixa indiferente ao espectador.
O ton, a economía expresiva, a firmeza do perfil do personaxe, a pulcritude da linguaxe, a dor física e emocional de Lucrecia… Todo iso, condénsase nesta peza que describe con claridade o que é o uso da forza, o dominio e a humillación sistémica da violación como arma machista contra a muller.
Un espectáculo para almas incandescentes.