Ficha técnica e artística:
Autor: Nasser Djemaï
Dirección: Cristina Domínguez
Interpretación: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero e Sonia Rúa
Tradución: Henrique Harguindey
Adaptación: Vanesa Sotelo
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Deseño gráfico, vídeo e fotografía: Diego Seixo
Espazo sonoro: Héctor Pazos
Iluminación: Héctor Pazos e Salvador del Río
Dirección de produción: Salvador del Río
Contratación: Lilian Portela. AMARELO Distribución.
Descrición:
AS GARDIÁS, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez.
O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.
A peza, As gardiás, reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias protexidas co calor humano da familia e a comunidade. O autor, Nasser Djemaï, narra con sensibilidade a resistencia destas "gardiás" contra a inclemente modernidade. A través das vivencias destas mulleres, a peza explora o desexo de vivir e a solidariedade comunitaria, e nos interpela a todas as persoas sobre como, onde e con quen queremos envellecer.
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro
Idade recomendada: adultos
Duración: 90 minutos
Idioma: galego
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.