Saltar al contenido
Rua do Chelito s/n - Oleiros (CORUÑA, A) (Ver mapa)
29/03/2025 20:30
TEATRO. REDE AGADIC 1º SEMESTRE 2025
Talía Teatro: Un Deus Salvaxe
Autoría: Yasmina Reza
Dirección: Artur Trillo
Elenco: Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez e Dani Trillo
Xénero: comedia
Duración: 85 min
Público: adulto (a partir de 13 anos)
Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos…. Os pais da “vítima” convidan á súa casa aos pais do
“matón” para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire un ton máis violento a medida que os pais van revelando
as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais. As parellas empezarán a insultarse sen ningún reparo, e mesmo non dubidarán en sacar os
trapos sucios dos seus respectivos matrimonios. Aquí non hai nin bos nin malos. Nin tan sequera vencedores e vencidos. Só catro adultos que se encerellan nunha calorosa discusión que vai desvariando máis e máis a medida que esta se vai alongando innecesariamente. A situación descontrólase de tal modo que ninguén está a salvo de recibir a súa ración de ofensa persoal, e todos os intentos por acougar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. Cada un ten a súa propia opinión sobre como canalizar o conflito que afecta aos seus fillos e de aí xorden outros temas nos que por suposto non logran poñerse de acordo.
A obra saca todo o lixo que estes catro individuos acumularon ao longo da súa vida en relación á educación que recibiron, á posición social que ostentan, á súa profesión... e amósanos a súa cara oculta.