Ficha técnica e artística
Interpretación: Jesús Velasco
Ollada externa: Jorge Jiménez
Deseño de escenografía: Jesús Velasco
Escenografía: CruLe Produccións
Deseño de luces: Rafael Díaz Ramírez
Deseño de vestiario: Alicia Tojo
Pintura: Raquel Germade
Costura de atrezo: Lorena Mariño
Deseño gráfico: Berbal Studio
Fotografía: Leticia Mariño e Sol Álvarez
Distribución: María Mariño Kandengue Arts
Descrición:
Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos.
A través deste proceso, logra sentirse acompañado e leva ao público por un camiño cheo de sorpresas e risas.
Este espectáculo fusiona harmoniosamente o circo co mundo das marionetas, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.
O obxectivo é brindar unha experiencia agradable onde o público pode gozar da beleza e o humor sen preocuparse por outra cousa que non sexa deixarse levar pola emoción do momento.