Saltar al contenido
Praza do Rei 1 - Vigo (PONTEVEDRA) (Ver mapa) (Buscar alojamiento)
10/11/2024 12:0010/11/2024 16:3010/11/2024 18:00
Elenco artístico: Miguel Quiroga e Estrella García en espazo escénico e Miguel Pérez Iñesta e Enmanuelle Bernard en imaxe interpretando a música orixinal.
Sinopse:
Mímesis concíbese como un ritual escénico iniciático para a primeira infancia e as súas familias, que constrúe un ecosistema escénico para que sexa habitado e compartido por intérpretes e familias participantes.
Do mesmo xeito que as anteriores producións de Zig Zag Danza para a Primeira Infancia, mímesis é unha proposta que parte da honestidade e o respecto, preservando a capacidade de desenvolvemento creativo dos públicos máis pequenos, unha coidada produción internacional de máis de tres anos realizada entre España e Alemaña.
Este traballo transita nun delicado equilibrio entre o movemento, a música e a imaxe, de tal forma que ningunha destas linguaxes quede ao servizo do resto, senón que conserven a súa entidade nunha relación horizontal.
Xénero: danza contemporánea para primeira infancia
Idade recomendada: de 0 a 3 anos
Idioma: sen texto, con música
Duración: 35 minutos
Todas as persoas, incluídos bebés, pagarán entrada.
A organización recomenda no espazo de representación (escenario) só unha persoa adulta por neno/a ou grupos de neno/s. O resto do público poderá sentarse de balde no patio de butacas, con visibilidade reducida, ata completar capacidade.